FERROL360 | Xoves 7 agosto 2014 | 13:39
As rúas de Cedeira encheranse este venres con centos de persoas de todas as idades que participarán na carreira popular «Anímate e fai deporte en familia!». O punto de partida e chegada será o parque do Sagrado Corazón e poden participar nenos dende os 0 anos ata maiores, sen límite de idade.
Os interesados en sumarse á carreira deben formalizar a súa inscrición e recoller os seus dorsais no parque do Sagrado Corazón dende as 17:30 horas. O arranque da marcha prevése para as 19:00 horas. Asimesmo, o percorrido discurrirá principalmente polas rúas da zona vella e nova da vila.
Haberá premios en material deportivo para os gañadores absolutos e outros premios para os máis pequenos. Ademais, entregarase un premio especial para a familia que participe con máis compoñentes.
O maratón está incluído na programación das Festas Patronais de Cedeira e a organización prevé reunir a mesma cifra de participantes que na pasada edición, cando se deron cita máis de duascentas persoas.
