FERROL360 | Domingo 15 agosto 2015 | 19:02
O Concello de Cedeira convoca o I Certame de Pintura Rápida o Aire Libre, que se celebrará o día 23 de agosto. De 11:00 a 17:00 horas, os artistas pintarán a paisaxe urbana da vila para facerse cun premio de 600 euros.
Cada autor só poderá presentar una obra e non poderá asinala ata o momento no que se coñeza o dictame do xurado. En canto ao estilo e á técnica serán libres e a súa temática xirará entorno á paisaxe do paseo marítimo, a Praia da Magdalena, o paseo da marina, zona do río Condomiñas, Rúa da Area longa e o Porto de Cedeira.
Os interesados en participar só deben anotarse no posto de turismo e información situado na Praza Ezequiel López o mesmo día do certame, o día 23 de agosto. O material correrá a cargo dos artistas e o soporte non pode superar as medidas de 100 x 81 cm.
Os participantes deben presentarase no posto de turismo en horario de 9:00 a 11:00 horas para selar o soporte e terán ata as 17:00 horas para presentar as obras no control que haberá na Praza Roxa. Alí, se coñecerá o ditame do xurado ás 18:00 horas.
A partir dese momento os autores dos cadros non premiados poderán poñer á venda as súas obras, asinándoas e indicando na parte traseira o seu importe. Esta exposición ao aire libre prolongarase ata as 20:00 horas. Mentres, as obras premiadas pasarán a ser propiedade do Concello de Cedeira, así como os dereitos de reproducción.
Os premios serán de 600 euros para o gañador, 400 euros para o segundo e 200 euros para o segundo. Para máis información, os interesados poden chamar ao teléfono 680 473 273.