FERROL360 | Xoves 11 xuño 2015 | 17:05
Xa se pode ver e coñecer a historia da ancla do Paolina R, que se atopa no Paseo da Marina en Cedeira. Tras o seu descubrimento, permanecía soterrada no antigo peirao da vila dende finais do século XIX, habilitouse unha placa transparente para cubrila e colocouse unha balaustrada para protexela.
Así mesmo, ubicouse un panel informativo en galego e castelán no que se recollen os feitos acontecidos en torno á embarcación e o papel dos cedeireses no rescate, así como iluminación para permitir a súa visión pola noite.
O Paolina R naufragou fronte á praia do Cubilote, ao pé do faro da ría de Cedeira, e a tripulación conseguiu salvar a vida grazas á heroicidade dos veciños de Cedeira e á súa rápida resposta ante a catástrofe.