FERROL360| Luns 2 febreiro 2015 | 17:45
Xa arrancaron as obras para a dotación de redes de abastecemento e saneamento en diferentes puntos de Cedeira, como son: San Isidro e A Costa, na parroquia de Esteiro, e o lugar da igrexa de Piñeiro, na parroquia do mesmo nome. Uns traballos orzamentados en 43.000 euros e que se financian con fondos propios municipais.
As obras contan cun prazo de execución de tres meses e un único obxectivo: extender o acceso deste servizo á veciñanza das distintas parroquias. Así, en San Isidro os traballos consisten na ampliación da rede de abastecemento, partindo da existente no lugar das Penas, ata conectar coa ubicada no paseo da Magdalena.
Executaránse tamén as acometidas domiciliarias ás vivendas do lugar de San Isidro e a reposición do firme afectado.
Mentres, no lugar da Costa procederase á ampliación da rede de abastecemento e á execución dunha nova conducción de saneamento de augas residuais, que conectará ao saneamento existente que discurre por gravedade polo camiño actual.
Pola súa banda, en Piñeiro levarase a cabo a construcción dunha nova conducción de saneamento de augas residuais que, como no caso anterior, conectaráse ao saneamento existente, que tamén discurre por gravedad ao longo do camiño actual.
Debate sobre el post