FERROL360 | Luns 16 marzo 2015 | 14:14
O Concello de Cedeira decidiu instalar un reemisor de TDT na parroquia de Santalla para ampliar a cobertura do sinal en diferentes lugares nos que se producen habitualmente problemas. En concreto, na Corredoira, Espiñaredo, Rabadán, Chímparra e Corveiro.
Esta actuación terá un custo de 10.000 euros e con ela preténdese facilitar o sinal de televisión aos lugares citados anteriormente. As obras de instalación da infraestrutura darán comezo nos vindeiros días.


