Publicidad

Cedeira quenta motores para as Festas Patronais co inicio da Semana Infantil

FERROL360 | Luns 6 agosto 2018 | 9:02

Os peques de casa son os protagonistas estes días en Cedeira. A vila celebra desde este luns a Semana Infantil, como adianto ás Festas Patronais. Así, ata o xoves, na praza Roxa haberá cada día diferentes actividades para o divertimiento das nenas e nenos.

Este lunes, a partir das 10.30 horas, haberá atletismo con probas de velocidade, resistencia, remuda, xavelina e peso. O martes, os participantes deberán demostrar a súas habilidades en competicións como a de tiro de corda e a de silla. Son os denominados ‘Xogos dos Avós’.

O humor chegará á Semana Infantil coa celebración o mércoles de carreiras de sacos, de ovo e culler. Pola tarde, o pavillón polideportivo acollerá os últimos partidos da competición de fútbol sala, promovida polo Concello, que este ano chega a súa trixésima quinta edición. Os primeiros encontros darán comezo ás 18.00 horas.

O xoves, día 9, a actividade trasladarase á praia da Madalena coa celebración do tradicional concurso de castelos na area.