FERROL360 | Mércores 18 novembro 2015 | 16:17
Escoitar aos nenos é divertido, sorpresivo, san, e ás veces incluso pode ser reconfortante. Pero é que tamén é un dereito dos pequenos recoñecido no tratado internacional das Nacións Unidas.
Según se recolle no tratado, os nenos e as nenas deben escoitados en todos os procedementos sociais que lles afecten e o artigo 13 alude ao seu dereito á liberdade de expresións.
Para conmemorar o Día Universal da Infancia, que se celebra este venres 20 de novembro, UNICEF e os Concellos de Cerdido e Ferrol levarán a cabo plenos infantís nos que os pequenos terán un protagonismo especial.
En Cerdido, o salón de plenos municipal encherase este venres de representantes escolares e alumnos, que expoñerán as conclusións do material traballado previamente na escola.
A partir das 15:30 horas, todos os alumnos do CEIP da Barqueira poderán desfrutar dunha actuación de títeres que correrá a cargo do grupo A Xanela do Maxín. A actividade, baixo o nome de Titeremusicontos, é una representación de títeres e música en directo.
Mentres, en Ferrol celebrarán esta data o martes 24 de novembro cun pleno infantil no que os nenos dos centros escolares da cidade debatirán sobre os problemas que lles atinxen e poderán coñecer de primeira man o funcionamento da administración local.
Debate sobre el post