FERROL360 | Sábado 23 mayo 2015 | 11:21
Chema Hernández é candidato da Marea Ártabra á Alcaldía de Ferrol, ten 42 anos.
Un libro: Naturaleza, ruralidad y civilización, de Felix Rodrigo Mora.
Un filme: Un lugar en el mundo, de Adolfo Aristarain.
Unha canción: Analisis extructural de una canción comercial, de Victor Lemes.
Unha comida: Gazpacho
Unha bebida: Cervexa
Un personaxe: Melchor Rodríguez García
Unha cita famosa: Chega un momento en que é necesario abandonar as roupas usadas que xa teñen a forma do noso corpo e esquecer os camiños que nos levan sempre aos mesmos lugares. É o momento da travesía. E, se non nos animamos a emprendela, teremos quedado para sempre á marxe de nós mesmos, de Fernando Pessoa.
Un deporte: Nadar no mar
Café ou cervexa? Onde? Ambos. Nun sitio enxebre
Praia ou montaña? Ámbolos dous
Madruga ou trasnoita? Ambas cousas, dependendo o momento e a compañía
Un curruncho de Ferrol: Lobadiz
Apoia á Semana Santa Ferrolá? Entendo a Semana Santa como unha expresión relixioso-cultural que ten arraigado en importantes segmentos en Ferrol. Esta celebración ten, ademais, derivacións económicas que hai que ter en conta. Dito isto, e sempre no respecto á separación que a institución municipal debe ter das distintas confesións relixiosas presentes na nosa cidade, se podería aproveitar estes días festivos para ampliar e diversificar a oferta lúdico-cultural. Con elo se pretende que a xente que nos visite saque o máximo proveito da súa estancia e coñeza todo o que Ferrol lles pode ofrecer ao longo do ano.
O normal en campaña é que se critique aos contrincantes políticos, pero podería dicirnos algo positivo deles? Seguro que de tod@s eles, pero tería que coñecelos mellor. Apenas da tempo en campaña.
Que fai falla para que Ferrol “mole” de verdade? Que tod@s fagamos política deixando a un lado os egos e pensando no ben común.
Debate sobre el post