Publicidad

Cine ao aire libre en Neda este domingo

FERROL360 | Domingo 27 xullo 2014 | 12:03

Hai mellor plan que despois dun domingo soleado de praia pechar o día cunha sesión de cine ao aire libre? Así que ahí vai a nosa proposta: ás 22:30 no paseo marítimo de Neda podedes pasar un rato divertido coa película Los Croods e comendo palomitas.

O punto exacto será no entorno do Albergue de Peregrinos e o Concello poñerá a disposición dos veciños cadeiras para a súa maior comodidade. Tamén recibirán como obsequio a súa ración de palomitas.

O filme de animación Los Croods, foi nominada como mellor película na súa categoría aos Oscar no 2013. Remóntase á Prehistoria. Así, tras a destrución do seu fogar por un grande terremoto, Grug vese obrigado a emigrar coa súa familia. Namentras avanzan por un mundo descoñecido e aterrador, atópanse cun nómada de mente aberta que os deixa a todos fascinados, sobre todo á filla de Grug.

A iniciativa forma parte do ciclo Cine al Natural que promove Gas Natural en colaboración cos concellos galegos e tamén do territorio nacional. Nesta ocasión, habilitaráse unha pantalla xigante de 14×9 e a firma colocará un pequeño stand como punto de información, onde se entregarán tamén outros agasallos da marca.