FERROL360 | Venres 16 decembro 2016 | 10:15
O Centro Social do Alto do Castiñeiro acollerá na tarde deste sábado o «I Torneo de Nadal Intercentros Concello de Narón». Unha cita organizada polo Padroado de Deportes de Narón e o Círculo Xadrez Narón.
A partires das 16:30 horas haberá torneo de rápidas, pasapezas e simultáneas para as categorías sub 16, 14, 12, 10 e 8. Os gañadores das diferentes categorías recibirán un trofeo e, a maiores, sortearanse varios agasallos entre os participantes e unha cesta con produtos de Nadal.
O edil de Deportes, Román Romero, animou aos alumnos dos centros educativos da cidade a participar neste evento, «que convocamos este ano na súa primeira edición e que esperamos manter no tempo durante moitos máis anos coa implicación do Círculo Xadrez Narón e do alumnado ao que se dirixe».
Pola súa banda, o secretario e o tesoureiro do Círculo Xadrez Narón, Juan Rodríguez e Antonio Masede, respectivamente, agradeceron a colaboración do Concello na organización desta actividade.