FERROL360 | Mércores 20 abril 2016 | 17:04
O Xefe Territorial de Educación, Indalecio Cabanas, clausurou este luns o programa «Contamos» organizado polo CEIP Centieiras. Un programa que ten como obxectivo «abrir o centro á comunidade educativa, estreitar lazos coas institucións e sociedades e propiciar que o colexio e o seu alumnado sexan tidos en conta na ampla comunidade educativa».
Nesta derradeira sesión do programa, o responsable de Educación protagonizou unha sesión de contacontos co alumnado de Educación Infantil que, á súa vez, agasallou ao Xefe Territorial cun lenzo no que se representaba un poema de Manuel María adicado ao merlo.
Indalecio Cabana visitou ademais as dependencias do centro, acompañado polo equipo directivo e a ANPA. Tamén participaron no encontro co Xefe Territorial a inspectora de Educación, Elena Urtiaga, o alcalde de Fene, Juventino Trigo, a concelleira de Ensino Amalia García Balado e César Daniel Castro, representante municipal no Concello Escolar do centro.
Debate sobre el post