FERROL360 | Luns 12 setembro 2016 | 00:33
O Concello de Ares comeza este luns os traballos correspondentes á terceira fase de ampliación da rede de abastecemento de auga en Cervás, unha vez que xa foi asinada a acta de replanteo das obras. A empresa Begasucegsa é a encargada de realizar esta actuación, financiada con cargo ao Plan de Obras e Servizos -POS- da Deputación Provincial correspondente a esta anualidade.
As obras desta terceira fase abarcan a ampliación da rede de abastecemento dende os depósitos hacia a zona de Montefaro continuado ata Teixeiro, coa instalación dun grupo de impulsión para salvar o desnivel existente entre o punto de acometida no depósito e a zona con máis altitude, cercana ao cruce de Santa Catalina.
Con esta obra, dentro do programa de actuacións que se está levando a cabo na rede municipal de auga potable, e dun xeito específico nos núcleos de poboación rurais, dotarase de auga potable a unhas trece vivendas a partir do novo sistema de abastecemento en Cervás.
A intervención conta cun prazo de exexución de dous meses e un orzamento de 76.846,04 euros.