FERROL 360 | Mércores 7 agosto 2013 | 15:19
O Concello de Neda anunciou este mércores o inicio das obras de reparación do pavillón polideportivo municipal, cun orzamento de 53.230 euros procedente da Deputación da Coruña.
As actuacións que se acometerán, cun prazo de execución dun mes, serán o saneamento e pintado das pistas deportivas e a reparación da cuberta. Esta última, moi necesaria, xa que se rexistraban filtracións de auga que condicionaban en boa parte a súa utilización. Para evitalo, instalaranse paneis de policarbonato, canos e baixantes de pluviais.
Desde o Concello destacan que esta intervención era “moi demandada por usuarios e persoal das instalacións dado o avanzado estado de deterioro da infraestrutura”, pero a imposibilidade de asumir os custes levou á administración local a solicitar o investimento por parte da Deputación Provincial, quen aporta o investimento necesario.













Debate sobre el post