Publicidad

?Como fan os dem?is?

GIN?S CALDEVILLA | De quen v?s sendo? | Luns 18 novembro 2013 | 22:00

Envexa sana dame o Concello de San Sadurni?o. Preg?ntome como far?n os seus pol?ticos para que en este Concello te?an super?vit e no resto dos concellos de Ferrolterra te?an d?bedas ata as orellas; e por riba, sen acometer obras, sen tapar baches e o pouco que fan, fano nas peores datas.

V?xase o que est?n a facer no Concello de Ferrol no Mercado Central en v?speras da campa?a de Nadal, cando pod?an facer un peso. Xa por non falar da mausoleica obra da Praza de Espa?a, os cartos que levan soterrados para deixala feita unha merda -perdoando a expresi?n-, porque non atopo outra m?is delicada para expresarme. Dan pena, de verdade.

Volvendo ao Concello de San Sadurni?o. Dende que o goberna o BNG, parece outro, as pistas asfaltadas, obras importantes coma a do convento e con perspectivas de cami?ar cara adiante como debe ser. As? da gusto vivir nun concello, no que os teus cartos dos impostos os ves investidos e dando servizos ao cidad?n.

Eu atrever?ame a facerlle unha recomendaci?n aos alcaldes e concelleiros dos concellos de Ferrolterra: que se pasasen polo Concello de San Sadurni?o para ver se se lle pegan alg?ns recortes de esta corporaci?n e se non, que lles pregunten a eles para que lles expliquen como se fai, para que un concello vaia adiante e non nos empufen m?is. Como est?n a facer Nar?n, Ferrol, etc?tera.

Penso que non debe ser tan dif?cil facelo… ou acaso ser? cuesti?n de honestidade e de facer pol?tica para e polo pobo, e non de facer pol?tica pra encher o peto como fan os demais?