FERROL360 | Xoves 30 xuño 2016 | 11:53
O Concello de Valdoviño ofrece un completo e variado programa de actividades de verán baixo o nome de Ociosol 2016. Nesta ocasión, a administración local levará a cabo cinco actividades diferentes: campionato de fútbol sala, escola de tenis, campionato de baloncesto, fitness-praia e carreira atlética na area.
Completan este programa as actividades que terán lugar na piscina de Lago, que ademais da opción de baño libre, oferta cursos de iniciación, intermedio e de perfeccionamento.
Para máis información e inscricións pode contactarse coa Concellería de Deportes no teléfono: 626.465.531.
Debate sobre el post