Publicidad

Concentración este domingo en Cedeira contra a contaminación

FERROL360 | Xoves 7 agosto 2014 | 20:34

O colectivo Somos Cedeira organiza unha concentración cívica contra «a contaminación impune no río, na ría de Cedeira e na praia da Magdalena», que terá lugar este domingo ás 12:30 horas no lugar da Ponte Nova.

A este acto sumáronse partidos políticos como a agrupación de Esquerda Unida de Cedeira, Anova e BNG e colectivos e asociacións como Adega e a Asociación de Veciños de Piñeiro. Desde EU convidan ao resto de forzas políticas da oposición, asociacións e persoas a título individual a participar abertamente na concentración.

E é que desde o grupo indican que «xa está ben de xogar coa contaminación e saúde dos veciños e veciñas da vila». Así, critican «a falta de transparencia do goberno local á hora de afrontar o problema» e lamentan «a falta de seriedade e criterio dicindo primeiro unha cousa e logo outra».

Concentracion Cedeira