FERROL360 | Martes 6 outubro 2015 | 17:30
A Coordenadora Comarcal de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres convoca este mércores unha concentración de repulsa polos últimos asasinatos por violencia machista. A mobilización terá lugar na praza de Armas a partires das 20:00 horas.
A entidade indica que «unha vez máis sairemos á rúa para amosar a nosa indignación polo asasinato dunha muller por violencia machista» e engaden que a última vitima pagou coa súa vida «a discriminación e a desigualdade que padecemos todas».
Con esta concentración queren amosar o seu rexeitamento a «este cruel asasinato e denunciar unha vez máis a violencia machista instalada na nosa sociedade».
Minuto de silencio
Este martes a Corporación municipal de Ferrol secundou un minuto de silencio en sinal de repulsa e de «enérxica condena» aos últimos asasinatos causados pola violencia machista.