Publicidad

Conta atrás para a celebración do XXI Festival do Río Castro que terá lugar o 5 de xullo

FERROL360 | Domingo 1 xuño 2014 | 17:12

A organización do festival do Río Castro deu a coñecer o programa de actos da vindeira edición que este ano se celebrará o 5 de xullo e que contará con cinco actuacións: o home orquestra César Freiría -Cé Orquestra Pantasma-, a zanfonista de dez anos María López, o grupo fenés Vai rañala meu!, os Taghaitai Manila e O Sonoro Maxín.

Ademais, tamén actuarán pola tarde os Ghazafelhos con María Canosa. Podedes consultar toda a información do Festival aquí e tamén no Facebook da asociación de veciños. Por outra banda, o artista gráfico ferrolán Juanlu Fernández foi o encargado de diseñar o cartel desta edición.

O Festival do Río Castro enfronta a actual crise buscando o xeito de optimizar recursos mantendo e mesmo incrementando a calidade do evento. Confirmaron a súa colaboración económica o Concello de San Sadurniño, a sociedade Artistas Intérpretes o Ejecutantes, a Cooperativa de Meirás e a Deputación da Coruña.

Ademais, O Castelo de Narahío tamén confía en que volvan convocarse as axudas do AGADIC para este tipo de eventos e que o ano pasado supuxeron unha achega próxima aos 3.000 euros.