FERROL360 | Luns 18 xullo 2016 | 14:20
Desde este mércores ás 22:00 horas e ata o xoves ás 08:00 horas a empresa mixta de augas do Concello de Narón -Cosma- procederá a cortar o subministro de auga no tramo da estrada de Castela comprendido entre a rúa Concepción Arenal e a avenida Miguel de Cervantes, nas inmediacións da escola infantil de Piñeiros.
O corte poderá repercutir nos viais transversais da zona afectada –na marxe dereita da estrada, cara a Xuvia, en dirección Ferrol-Narón- con baixadas na presión do subministro de auga. Esta medida responde á necesidade de continuar executando as obras do interceptor, para desfacer o by-pass realizado na rede xeral de abastecemento.
Un by-pass que foi preciso realizar para que a empresa que executa os traballos puidese instalar o interceptor xeral no cruce da estrada de Castela, á altura do Parque Fluvial do Río Freixeiro.
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, pide desculpas ás persoas afectadas polas molestias que o corte no subministro e as baixadas na presión poidan ocasionar durante as horas indicadas.