FERROL360 | Luns 13 abril 2015 | 17:31
O Concello de Fene será o titular dos terreos nos que se empraza o CEIP A Xunqueira, a área deportiva e xardín; o pavillón polideportivo municipal, e o parque infantil, todos eles na parroquia de San Valentín. Costas cederá á administación local estes terreos de xeito gratuíto.
Esta cesión supón que o Concello xa non necesitará ningún permiso da Demarcación de Costas para realizar calquer tipo de obra, xestión ou trámite sobre os terreos. Como poden ser as reparacións no centro educativo, instalar unha carpa para un evento ou acometer melloras nas infraestructuras.
As xestións para conquerir esta cesión remóntanse a setembro de 2013 e despois de diversos intercambios de información e trámites, en marzo deste ano Costas requería do Concello un último paso: a aprobación dunha proposta sobre a delimitación do tramo a desafectar.
A proposta foi levada a pleno e saiu adiante cos votos favorables do PP e a abstención dos restantes grupos. O documento tamén establece o compromiso da corporación municipal de manter os usos públicos das instalacións citadas. Agora, o seguinte paso será a inclusión destes terreos no inventario municipal.
Debate sobre el post