Publicidad

‘CreaCancións’ ensinará aos ponteses máis novos a compoñer cancións e expresar emocións

FERROL360 | Xoves 10 maio 2018 | 8:49

A Biblioteca municipal de As Pontes acollerá este xoves unha novidosa actividade encamiñada a desenvolver a capacidade creativa dos ponteses máis novos. Trátase de Creacancións, unha iniciativa que correrá a a cargo de Miguel Alonso e Irene Quinteiro.

Os participantes nesta iniciativa, a través do traballo en grupo e do xogo, aprenderán a compoñer a súas propias cancións e a expresar as súas emocións ó tempo que desenvolven a autoestima e o pensamento crítico; achegándose ó mundo da música dun xeito diferente e desde unha perspectiva activa.

A actividade terá lugar este xoves na Biblioteca municipal ás 18.00 horas.