Publicidad

Curso de condución segura en Cabanas este sábado

FERROL360 | Martes 19 maio 2015 | 15:27

O Concello de Cabanas, en colaboración coa ADC Poceira Sport e a Escola de Condutores San Martín, organiza este sábado un curso de condución segura. A actividade, que é gratuíta, está destinada a mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos, co requisito de estar en disposición do permiso de conducir de clase B.

O curso dará comezo ás 10:00 horas cunha primeira clase teórica na que se lembrarán diversos aspectos sobre a condución segura e que tamén servirá para aclarar dúbidas que poidan ter os asistentes. Posteriormente, ás 11:00 horas, terá lugar unha clase teórica nas instalacións da ADC Poceira Sport, no Camiño das Vellas, na que explicarán como actuar fronte ós imprevistos máis comúns.

Ademais, darán consellos sobre como reaccionar e porán a proba ós asistentes para que chegado o caso saiban pór en práctica os seus coñecementos teóricos. Estas clases prolongaranse ó longo da mañá ata as 15:00 horas.

Os interesados en participar deben formalizar a súa inscrición antes deste xoves e para facelo poderán poñerse en contacto co separtamento de Cultura e Deportes do Concello de Cabanas a través da dirección de correo electrónico cultura@cabanas.es ou ben coa propia A.D.C. Poceira Sport no seu correo: poceirasport@gmail.com.

Publicidad

Banner parque ferrol