FERROL360 | Martes 9 xaneiro 2018 | 13:00
A aula CeMIT de As Pontes arranca o ano con forza e nos propón distintos cursos gratuítos para aprender idiomas e a realizar presentacións de diapositivas. As actividades comezarán a vindeira semana e terán lugar no soto da Casa Dopeso.
O obradoiro de elaboración de presentacións de diapositivas con LibreOffice Impress está destinado a persoas sen coñecemento desta ferramenta, que aprenderán a utilizar as diferentes plantillas, a introducir imaxes e as diferentes maneiras de darlle formato ás presentacións para obter o acabado desexado.
Este curso comezará o día 15 de xaneiro e concluirá o día 22 do mesmo mes. Son seis sesións con horario de 11:30 a 13:30 horas.
Por outra banda, tamén a semana do 15 de xaneiro comezarán dúas novas actividades para aprender idiomas na aula: francés e italiano. As clases serán orais e terán lugar unha vez á semana cunha duración dunha hora. Buscarase a implicación do alumnado para dedicar o total do tempo á fala do idioma e non se esixirá coñecementos previos.
O curso de francés será do 17 de xaneiro ó 25 de abril, todos os mércores en horario de 09:30 a 10:30 horas. No caso do será do 18 de xaneiro ó 26 de abril, todos os xoves en horario de 09:30 a 10:30 horas.
O grupo mínimo para a realización de estes cursos é de tres persoas. Para inscribirse ou para solicitar máis información, as persoas interesadas poden acudir á Aula CeMIT, chamar ó teléfono 637 900 975 ou enviar un correo electrónico a: cemit.aspontes@xunta.es.