CELSO POSADA | Desde la Atalaya | Sábado 26 setembro 2015 | 16:30
Decide en Común – Decidimos somos un partido político de esquerdas, socialista, federalista e republicano composto por activistas sociais e políticos de esquerdas que defendemos a xustiza social, a solidariedade internacional, a igualdade de dereitos e de oportunidades.
As persoas que formamos parte de Decide en Común – Decidimos nos opoñemos e rexeitamos rotundamente as politicas neoliberais, austericidas da Troika e da dereita economica e política, así como a Lei Mordaza, o Tratado de Libre Comercio (TTIP) entre EEUU e a UE, os desafiuzamentos, o patriarcado, a violencia machista, os recortes salvaxes nos servizos públicos, na Sanidade e no Ensino.
Defendemos a Sanidade e o Ensino Públicos, os servizos públicos, o dereito das persoas migrantes, o dereito das mulleres a decidir sobre o seu propio corpo, as liberdades democráticas, os dereitos sociais, os dereitos humanos e o dereito a unha vivenda digna.
Nos opoñemos rotundamente ás portas xiratorias, ós paraisos fiscais, ó rescate á banca con cartos públicos e á reforma do artigo 135, que prioriza o pago dunha Débeda Inxusta por encima dos dereitos sociais.
Defendemos a banca pública, cremos que é fundamental democratizar a economía, defender o público, transformar a sociedade, facer unha profunda reforma fiscal xusta e progresiva para que paguen máis impostos os que máis teñen e rescatar ás persoas e non ós bancos.
En Decide en Común – Decidimos cremos que os partidos políticos, e sobretodo de esquerdas, deben ser unha ferramenta para transformar a sociedade e para defender os dereitos da clase traballadora e das maiorías sociais.
Defendemos firmemente a limitación de mandatos, as listas abertas, as Primarias Abertas Libres sen avais e unha verdadeira democracia interna. Cremos que a militancia de base é a verdadeira protagonista dos partidos políticos e que os partidos políticos deben ser máis transparentes e abertos á cidadanía para resolver os problemas reais dos/as cidadáns/as.
En Decide en Común – Decidimos seguiremos cooperando, colaborando e traballando para servir á cidadanía, para transformar á sociedade, para recuperar as institucións para a xente do común e para iso cremos que é imprescindíbel a Unidade e a Confluencia da esquerda dende abaixo, dende as bases.
As persoas que queiran apoiar, sumarse, participar e militar en Decide en Común – Decidimos poden facelo enviando un email a: decideencomun@gmail.com ou poden seguirnos no noso Facebook.
* Celso Posada Fernández é integrante do partido político Decide en Comun_ Decidimos e da Plataforma Somos Izquierda.
Debate sobre el post