Publicidad

Deputación, Xunta e Concello de Pontedeume asinan un convenio para a reforma do mercado municipal

FERROL360 | Martes 17 marzo 2015 | 14:11

Convenio a tres bandas entre a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Pontedeume para acometer a reforma do mercado municipal. O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, e o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, visitaron este martes a localidade para sinar o acordo co alcalde Gabriel Torrente.

O convenio contempla unha partida de 1,6 millóns de euros para levar a cabo esta actuación, que permitirá contar cunha nova praza de abastos en perfectas condicións. Está previsto que os traballos comecen despois do verán para que as instalacións estean listas a finais do vindeiro ano.

O conselleiro sinalou que esta rehabilitación integral permitirá potenciar un dos símbolos máis importantes de Pontedeume e convertirá á praza nun referente. Conde salientou a importancia dos mercados de abastos como parte do patrimonio común e elemento vertebrador da vida das vilas e cidades.

Pola súa banda, o presidente da Deputación afirmou que esta actuación «era un compromiso que tiñamos adquirido hai tempo co alcalde» e por iso non deixaron de traballar neste proxecto a pesares do conflicto que houbo na vila.

«Vivimos en primeira persoa todas as tensións e agora podemos demostrar a todos os veciños de Pontedeume que o compromiso era firme», dixo Calvo.

Torrente, Conde e Calvo nas inmediacións do mercado de Pontedeume (cedida)
Torrente, Conde e Calvo nas inmediacións do mercado de Pontedeume (cedida)

Publicidad

Campaña Día del Padre Odeón

Banner Plan de Igualdade do Concello de Ferrol

Noche de las Pepitas Ferrol