FERROL360 | Domingo 30 xuño 2019 | 18:57
A praia da Madalena pertencente a Cabanas contará con servizo de socorrismo a partir deste luns 1 de xullo, segundo ven de anunciar o Concello.
O goberno municipal acelerou os trámites para ter a tempo este servizo este ano e non recurrir a persoal voluntario de Protección Civil como se fixo o ano pasado.
Así, o persoal de salvamento do areal da Madalena estará composto por catro traballadores a xornada completa en horario de mañá e de tarde organizados para atender os bañistas e cubrir a atención do areal durante a maior parte do día.
Debate sobre el post