FERROL360 | Venres 14 novembro 2014 | 13:43
A pista polideportiva da parroquia de Doso acollerá un año máis a Recreación Tradicional da Esfolla, que se celebra este sábado a partires das 17:00 horas. As actividades están organizadas polo Padroado de Cultura do Concello de Narón en colaboración coa AVV ‘A Naveira’ de Doso.
O programa de actos será o seguinte: Chegada e recepción á comitiva dos carros de maínzo; exposición e obradoiro de bonecos de maínzo; música e danza tradicional; esfolla do maínzo; obradoiro de bolas da sartén; concurso de sobremesas e actuación musical.