FERROL360 | Luns 19 septembro 2016 | 18:45
O premio de 1.200 euros á mellor das obras presentadas á décima edición do certame de pintura Manuel Rebón-Concello de Ares foi para o cambadés Eduardo Baamonde, pola súa obra Faro Rolandelis.
Así o decidiu o xurado despois dunha longa deliberación, posto que a calidade das obras era altísima. No caso da categoría de mellor pintor local, o premio de 500 euros foi para Josefina Vales, que consegue por terceira vez este galardón coa obra Na telleira.
En canto aos accésits, o primeiro foi para Pío Costa Beiro, de Noia, que presentou a obra Calle de Ferrol, mentres que o segundo o recibiu Manuel Carballeira Rivas, procedente de Valdoviño, pola obra Marea Baixa.
A exposición con todas as obras xa se pode visitar no CIRS de Cervás ata o 1 de outubro. O horario de visitas será de 11:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 22:00 horas, de luns a domingo. Tamén o 1 de outubro procederase á entrega dos premios, ás 20:00 horas.
Debate sobre el post