REBECA COLLADO | Ferrol | Luns 16 marzo 2015 | 13:08
A Galería Sargadelos acollerá este mércores un acto público de debate sobre a proposta de traballo garantido de Izquierda Unida. Segundo explicou este luns o coordinador local EU, Suso Basterrechea, trátase de investir cartos públicos para crear un millón de postos de traballo e máis adiante conquerir o pleno emprego.
Esta proposta está vinculada aos Concellos e á «participación cidadá» co obxectivo de dar cumplimento ás demandas e necesidades das administracións locais mediante a contratación de persoal. A cita será a partires das 19:30 horas e nela participarán Eduardo Garzón, irmán do Secretario xeral de IU, Jorge Suárez, candidato de EU Ferrol, Saínza Ruíz e Miguel Castro.
Por outra banda, Basterrechea afirmou que Esquerda Unida está traballando e dialogando con outras forzas para converxer nunha candidatura conxunta e crear «un frente que realmente sexa quen de gañar» e «botar ao PP do goberno». Tamén fixo fincapé en que EU non adicou nunca unha mala palabra a ninguén e respeta as sensibilidades de cada un.
«O caos é visible en Ferrol»
Preguntado polas declaracións de Alberto Núñez Feijóo sobre que nas eleccións os cidadáns elixirán entre a estabilidade e o caos, Basterrechea dixo que «iso que chama o caos o señor Feijóo, é a cidadanía». Así, advertiu que «este caos se vai organizar e vai conquerir o goberno» e aplicará medidas con rapidez e exactitude.
«O caos é visible en Ferrol», sinalou o coordinador local de EU para detallar que hai «caos social, en políticas de emprego e un caos urbanístico».
Debate sobre el post