Publicidad

Esmelle celebra este sábado a V Feira de Nadal

FERROL360 | Venres 4 decembro 2015 | 10:53

O Val de Esmelle celebra este sábado a súa tradicional Feira de Nadal, no local da AVV do Val de Esmelle, a partir das 10:00 horas e durante toda a xornada. Unha actividade que ten como obxectivo poñer en valor os produtos e o saber facer desta zona de Ferrol.

Así mesmo, os organizadores, o Proxecto Esmelle e a Asociación de Mulleres Rio D’aneiro, queren promocionar o Valle de Esmelle cunha oferta variada, tanto en actividades culturais e de natureza, coma en gastronomia e produtos propios.

As entidades destacan que a Feira do Nadal «convértese nun escaparate do noso Val» e permite aos asistentes «gozar dunha xornada de descanso neste privilexiado entorno». Daranse cita nesta feira máis de 40 postos de segunda mán, artesanía, productos do campo, licores, doces e mel, entre outros.

Tamén haberá degustacións gastronómicas de polbo á feira, churrasco, callos e caldo galego. Ao longo do día haberá actuacións musicais, talleres artesáns gratuítos e actividades para nenos.

Trátase de pór á venda produtos 100% realizados na comarca. A iniciativa, que xorde grazas á participación voluntaria dos veciños da zona, ten afán de continuidade, consolidada xa como unha cita anual como motor de desenvolvemento local.