FERROL360 | Venres 11 setembro 2015 | 9:23
Teatro de títeres, actuacións musicais, feira de alimentación e artesanía, deporte, e kilos e kilos de mexilón, compoñen o programa da II Festa do Mexilón de Espasante que se celebrará este sábado e domingo.
Así, o sábado día 12 de setembro a agrupación Son d’qui e os Ribirados ofrecerán unha actuación a partir das 12:00 horas e para os máis pequenos habrá inchables con tobogán desde as 12:30 e hasta as 19:00 horas. Xa ás 17:00 horas celebrarase un teatro de títeres Un diaño na maleta.
O domingo día 13 volverá a música ás 12:00 horas coa actuación de Airiños Do cú e ás 18:00 horas terá lugar a I Cronoescalada popular a Penamaior. Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico a: espasanteortegal@gmail.com.
Tanto o sábado como o domingo, desde as 12:00 horas haberá unha feira de alimentación, artesania e de antigüidades. O menú degustación desta festa está composto por empanada de mexilóns, mexilóns o vapor e mexilóns en salsa. O prezo da ración será de 8 euros.