El feminismo gallego volverá a tomar las calles este 8 de marzo. La Marcha Mundial das Mulleres lo hace este año bajo el lema «Feminismo é Revolución, terra viva, pobos libres, vidas dignas!», un mensaje que conecta la lucha feminista con una crítica más amplia al sistema económico, político y social.
Desde el colectivo insisten en que no puede hablarse de emancipación de las mujeres sin cuestionar las estructuras que sostienen la desigualdad. La organización pone el foco en cuestiones como la precariedad, la crisis de los cuidados, la vivienda inaccesible, el encarecimiento de la cesta de la compra o el deterioro de los servicios públicos, problemas que, recuerdan, recaen con más fuerza sobre las mujeres.
En Ferrol, la marcha está convocada para este domingo 8 de marzo a las 19.00 horas, con salida desde la plaza de Amada García, recorrido por la calle Real y lectura de un manifiesto final en la plaza de Armas.
Con motivo de esta movilización, hablamos con Esperanza Vidal, miembro de la coordinadora, sobre el momento actual del movimiento feminista en Ferrolterra, la respuesta social al 8M y los desafíos que siguen marcando la agenda de las mujeres en la comarca.
FERROL 360._ ¿Qué esperáis conseguir de la movilización?
ESPERANZA VIDAL._ Esperamos conseguir máis forza, máis unión entre todas para berrar máis forte, e poder conseguir o que merecemos, o que temos e o que é noso, que o estamos deixando perder. Necesitamos tamén que os homes nos axuden a loitar porque loitar polo feminismo é loitar pola igualdade.
FERROL 360._ ¿Cómo está respondiendo la juventud al movimiento feminista en Ferrolterra?
ESPERANZA VIDAL._ Bótase de menos máis xente nova na rúa, que é onde eu me movo, porque eu nas redes non entro. Farían falta máis mulleres universitarias, digo universitarias pola idade, ou de institutos, máis xente nova. Cando a Marcha Mundial das Mulleres está na rúa, hai mulleres, pero de entre 30 e 40 anos. Falta máis xente nova, que son as que van vivir e as que van cambiar o mundo.
F.360._ ¿Por qué sigue siendo necesario salir a la calle este 8 de marzo?
Porque queda moito por facer con respecto á igualdade no traballo, o salario, os coidados, as crianzas… Todo isto está nas costas das mulleres.
E.V._ ¿Qué problemas afectan especialmente a las mujeres en la comarca?
Eu estou case segura de que o que máis nos interesa agora mesmo ás mulleres da comarca é a sanidade. A sanidade é moi importante, non podemos perdela nin perdela de vista, porque nos están enganando. Cremos que temos unha sanidade completa e non é así.
Está derivada a outras empresas. Desde logo a sanidade, e desde logo tamén a ensinanza. A ensinanza é moi importante tamén e tampouco podemos perdela, temos que loitar por ela. Sobre todo as mulleres novas, porque son as que teñen crianzas.
F.360._ ¿Cómo surgió la coordinadora y desde cuándo organiza las movilizaciones del 8M en Ferrolterra?
E.V._ A Marcha Mundial das Mulleres xurdiu no ano 2000 por unhas mulleres galeguistas, e sobre todo ferrolanas, tamén doutras partes de Galicia, pero sobre todo ferrolanas, que son moi importantes. E outras mulleres moi coñecidas de Ferrol e de Galicia tamén.
Unha moi importante que temos agora, que é a coordinadora xeral de Galicia, é Ximena. Son mulleres que están na Marcha desde o principio, desde o ano 2000. Hai que destacar aquí o traballo incansable de moitas mulleres como Lupe Cés, Patiño, Tereixa Pereiro, Loreto Pillo, Bárbara Pillo ou Ánxela Lago. Participaron en todas as manifestacións e incluso viaxaron por Europa e se moveron polo mundo. Son mulleres moi sabias e temos que telas en conta.
F.360._ ¿Cómo se organiza el trabajo dentro de la coordinadora para preparar una marcha como la de este año?
E.V._ Reunímonos unha vez cada quince días. Somos a directiva, as que imos sempre, entre nove e once, e organizámonos. Facemos cartelería, discursos, traslados, bandeiras… repartimos o traballo, pero sobre todo para o 8M e para o 25N entregámonos a fondo.