FERROL360 | Mércores 15 xullo 2015 | 10:58
Coincidindo coa celebración da XVII Festa gastronómica do pemento do Couto, este domingo póñense en marcha as visitas guiadas ao Mosteiro nas que unha guía encargarase de explicar aos visitantes a historia deste recoñecido cenobio naronés, localizado nas inmediacións da ría e que permanece habitualmente pechado ao público.
As visitas serán os sábados en horario de 11.00 a 13.00 horas e prolongaranse ata o 15 de setembro. Os percorridos polo mosteiro serán para grupos reducidos de entre seis e dez persoas e terán unha duración aproximada de media hora polo mosteiro e a igrexa.
Os interesados en participar nesta actividade deberán cubrir previamente unha ficha na Oficina de Turismo ou no propio mosteiro o día da visita. Para máis información, pódese chamar ao teléfono 981.337.700 (ext.2301)
Por outra banda, a Oficina de Turismo de Narón abre este mércores as súas portas ata o vindeiro 15 de setembro. O horario de atención ao público é de luns a venres en horario de 11.00 a 13.00 e de 19.00 a 21.00 horas e os sábados e festivos de 10.00 a 14.00 horas. Os domingos permanecerá pechada.
Nesta Oficina, que está localizada no parque do río Freixeiro, ofrecerase aos visitantes información institucional de Narón e da comarca, así como das festas gastronómicas, eventos varios e actividades culturais que se desenvolvan durante estas datas.
Debate sobre el post