FERROL360 | Xoves 17 setembro 2015 | 18:50
A XXIII Copa Galicia de Baloncesto Feminino disputarase este domingo no pavillón polideportivo da Gándara, a partires das 18:00 horas. O concelleiro de Deportes de Narón, Román Romero, destacou a relevancio do evento no que colabora o Concello a través do Padroado de Deportes.
O edil naronés estivo acompañado na presentación da Copa Galicia de Baloncesto Feminino polo presidente do Club Baloncesto Narón, Juan Manuel Pérez, e o director deportivo da citada entidade, Jesús Manuel Varela, quenes valoraron a colaboración do Concello de Narón na competición.
Romero animou á veciñanza a asistir á convocatoria e anunciou que as entradas poranse á venta na taquilla do Pavillón a un prezo de tres euros.