FERROL360 | Domingo 8 marzo 2015 | 13:20
Os veciños de Narón que se atopen en situación de desemprego e que sexan maiores de 18 anos poden participar nos cursos que pon en marcha o Concello dentro do programa Habilita 2015. Ofértanse un total de oito cursos dirixidos ao ámbito interprofesional, de innovación e emprendemento e de iniciación profesional.
Os cursos son gratuítos e os participantes poden solicitar a súa participación nun máximo de dous cursos. Así poderán elixir entre os seguintes programas: Prevención de riscos laborais; Hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos; Curso preparatorio para a obtención do permiso BTP; Conversación en inglés; Falemos de negocios, con márketing nas redes sociais e posta en marcha dun negocio online; Fontanería básica, Cociña básica para hostalería e Peixeiro. Máis información aquí.
As instancias poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ata o vindeiro 13 de marzo, incluído, e deberán vir acompañadas das fotocopias cotexadas da tarxeta de demandante de emprego e NIF, ou similar. O alumnado seleccionarase por rigurosa orde de inscrición.
