FERROL360 | Luns 25 xaneiro 2016 | 18:01
Os locais de hostalería de Narón aínda poden inscribirse na cuarta edición do Concurso de Tapas de Entroido. Este martes é o derradeiro día para poder anotarse e os interesados poden facelo chamando ao teléfono 981.337.700 (extensións 1204 ou 1063) ou enviando un correo electrónico a: narongastronomico@naron.es.
Os participantes poderán anotarse nas dúas modalidades de tapas, que poden ser de libre creación e de Entroido, ou ben poden elixir unicamente unha delas. Haberá un total de cinco premios, dous por cada das modalidades que outorgará un xurado e un concedido pola clientela.
Os premios será de 400 e 250 euros, no caso dos outorgados polo xurado e de 250 no concedido pola clientela. Ademais, todos os participantes recibirán un diploma. Tamén haberá un premio para os clientes, que consistirá no sorteo de cinco ceas para dúas persoas entre aqueles valoren as tapas dos distintos establecementos.
Esta cita, organizada pola Concellería de Promoción Económica, á fronte da que está o edil Pablo Villamar, terá lugar desde o día 4 ata o 10 de febreiro, en horario de 13.00 a 15.30 e desde as 20.00 ata as 22.30 horas.