Publicidad

Este sábado entréganse os premios do Certame de Pintura Manuel Rebón en Ares

FERROL360 | Venres 26 setembro 2014 | 16:58

O alcalde de Ares, Julio Iglesias, e o concelleiro de Cultura, José Eugenio Fernández, serán os encargados de entregar este sábado os premios do VIII Certame de Pintura Manuel Rebón. O acto terá lugar ás 20:00 horas no CIRS de Cervás e servirá para poñer punto e final á exposición que exhibiu os 40 cadros presentados.

O gañador desta edición, o artista de Noia Nacho Costa Veiro -coa obra A Ría-, recollerá o primeiro premio, dotado de 1.200 euros. Na categoría de mellor pintor local, cun premio de 300 euros, a galardoada será Josefina Vales Álvarez pola obra denomidada O caiuco. Ademais, entregaranse dous accésits a Isabel Adonai Jiménez, de Santiago, e Jesús Costa Veiro, de Noia.

Hai que lembrar que o xurado do certame estivo integrado pola pintora Corín Cervera, a pintora e licenciada en Belas Artes Paula Aneiros e o tamén licenciado en Belas Artes Jaime Sotelo.