
- Este evento ha pasado.
A Rosa Incandescente proxección curtametraxe
mayo 17, 2024| 19:00

O 17 de Maio (Día das Letras Galegas), terá lugar a proxección da curtometraxe chamada A Rosa Incandescente (cartel adxunto). Celebrarase no Centro Cívico de Canido ás 20:00h.
Contaremos coa presenza da Produtora e Guionista Anxos García Fonte e haberá un debate con ela.
Por falarvos un pouco sobre a curtometraxe, tal e como explica a guionista, o filme quere achegarnos unha Rosalía de Castro cercana e directa que nos conta ela mesma algúns dos aspectos fundamentais da súa obra: a paixón pola literatura oral, o compromiso co seu país, a sensibilidade cos marxinados da sociedade, a análise económica e social do seu tempo e, por suposto, as dificultades que tivo que enfrontar por ser muller e escritora. Rosalía é a mesma rosa incandescente de intelixencia, sensibilidade e paixón polo que fai.
