Publicidad
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Chegan Os Bolechas a Valdoviño

noviembre 10, 2024| 18:00
Imagen no disponible

Este domingo 10 de novembro terá lugar o espectáculo «Os Bolechas tocan nunha grande orquestra».

Unha proposta dirixida a toda a familia que combina o teatro de monicreques coa música co obxectivo de crear un contexto distendido e alegre onde rapaces e rapazas poidan gozar de novas experiencias en galego.

A función chega a Valdoviño da man de FalaRedes, o programa de dinamización lingüística da Xunta, e celebrarase no auditorio da casa da cultura ás 18:00 horas, con entrada de balde ata completar capacidade.

No espectáculo, Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia e Tatá, xunto co seu can Faísca, deciden construír un escenario musical despois de atopar unha caixa chea de instrumentos musicais para ofrecer un gran concerto. A medida que as melodías do tambor, a guitarra, o piano ou a frauta soan, aprenden os diferentes estilos musicais e compoñen as súas propias cancións. Unha proposta para experimentar cos instrumentos e crear novos ritmos xunto a Os Bolechas.

Detalles

  • Fecha: noviembre 10, 2024
  • Hora:
    18:00
  • Categoría de Evento:

Recinto

  • Fotos de mujeres de Serafín Cazolitos-10