Premio Nacional Funarte Klauss Vianna de Danza, a coreógrafa e bailarina brasileira afincada en Cantabria Mari Paula presenta este espectáculo que define como o traballo da súa vida, para o que tomou como material vídeos en VHS familiares nos que aparecía bailando. A autora asegura que non é unha peza moderna porque odia todo o que sexa moderno.