
- Este evento ha pasado.
«O dragón de ouro» de Sarabela Teatro en Neda
mayo 24, 2024| 20:30

Apenas tres meses despois da súa estrea oficial, Sarabela Teatro trae a Neda a obra “O dragón de ouro”. Trátase dun drama que adapta ao galego un dos textos do dramaturgo alemán Roland Schimmelpfennig, no que se abordan cuestións ben actuais como as situacións derivadas da inmigración ilegal. A montaxe, cun estilo narrativo cinematográfico, chega á Casa da Cultura este venres, 24 de maio, a partir das 20.30 horas. O Concello activa a venda e reserva de entradas na biblioteca municipal.
