FERROL360 | Luns 2 febreiro 2015 | 18:15
As I Xornadas de Diversidade Funcional, que se desenvolveron no mes de xaneiro no Café Teatro do Pazo da Cultura, finalizaron con éxito de públicos nas súas tres funcións. As asociacións ASCM, Vida Activa e Nuestra Señora de Chamorro, en colaboración do Concello de Narón, organizaron esta iniciativa que deixa moi bo sabor de boca.
A primeira entidade en poñer en escea a súa función foi a ASCM, seguida de Vida Activa e por último a Asociación Nuestra Señora de Chamorro. Tamén houbo tempo para relaxarse e compartir un ratiño ao finalizar cada unha destas funcións cunha merenda entre todos. Ademais, na última sesión rendeuse homenaxe a Paco Sanesteban, ex voluntario e colaborador das tres entidades.
Esta iniciativa forma parte dunhas xornadas informativas sobre os dereitos das persoas con diversidade funcional, que teñen como finalidade o reforzar as actuacións dirixidas a colectivos vulnerables e fomentar a inclusión das persoas con diversidade funcional, atendendo ás súas necesidades especiais.
Debate sobre el post