Publicidad

Exitosa convocatoria do VI Encontro Municipal Interxeracional de Narón

FERROL360 | Luns 19 xuño 2017 | 11:30

O paseo marítimo de Xuvia congregou este domingo a unhas seiscentas persoas no xantar comunitario do ‘VI Encontro Municipal Interxeracional’. Baixo unhas carpas instaláronse exposicións de diversos traballos realizados desde entidades veciñais e outras asociacións da zona.

Durante todo o día houbo múltiples actividades como un desfile de confección, actuación da Coral Municipal de Narón, sesións de zumba e baile latino, musicoterapia, danza oriental, actuacións das Cantareiras do Val, de Jolly Jumper e dun grupo de acordeonistas, xornada de Agility programada desde a asociación Aspanemi e unha exhibición de judo.

A programación completouse coa entrega de agasallos aos representantes das entidades colaboradoras por parte do Concello e coas exposicións solidarias e demostracións en vivo de artesanía, así como os traballos realizados nos obradoiros convocados en varias entidades da cidade.