FERROL360 | Martes 6 febreiro 2018 | 11:33
O Campus de Ferrol acollerá no vindeiro mes de marzo as XXIII Xornadas de Filosofía e Metodoloxía actual da Ciencia nas que participarán profesores de universidades de Reino Unido, EEUU e da Universidad de Valencia.
A cita, que se desenvolverá os días 8 e 9 de marzo, estará adicada á relación bidireccional entre a ciencia e o cine. Como a Ciencia inflúe no cine, a través normalmente de asesores científicos, e como o cine incide na Ciencia.
O Centro de Investigación de Filosofía da Ciencia e a Tecnoloxía da Universidade da Coruña, que dirixe o profesor Wenceslao J. González, organiza estas xornadas nas que colabora a Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social e a Sociedad de Lógica, Metodología y Filosofía de la Ciencia en España.
O relator principal será Gregory Currie, da Universidad de York. É coeditor das obras de Imre Lakatos, foi profesor en universidades de Australia, Nova Zelanda e Estados Unidos. Tamén participarán Joseph Dauben da Universidad de Nueva York, David A. Kirby da Universidad de Manchester, Brian Keely do Pitzer College de California e Pedro Teruel da Universidad de Valencia.
Estas xornadas ofrécense dentro do marco do programa de Doutoramento interuniversitario de Lóxica e Filosofía da Ciencia, pero tamén é un curso aberto a aqueles universitarios e profesionais interesados na Filosofía e Metodoloxía actual da Ciencia.
O prazo de matrícula para participar nas mesmas xa está aberto e as persoas interesadas poderán anotarse ata o 28 de febreiro, a través do correo jornadas.filosofia.ciencia@udc.es.