FERROL360 | Xoves 9 xaneiro 2020 | 14:50
Espazo Feminista Ferrol, un foro aberto que ducias de mulleres feministas da comarca constrúen na cidade naval dende hai semanas, convoca este venres a terceira xuntanza do colectivo.
Será o renovado local da SRD Canido onde leven a cabo o encontro ás 20:00 horas, aberto ás mulleres que queiran compartir as súas inquedanzas feministas e sumarse aos debates e ás actividades colectivas do Espazo.