FERROL360 | Luns 11 novembro 2019 | 19:40
Fene abre a inscrición nos obradoiros gratuítos sobre o manexo do ordenador e móbil organizados polo Instituto de Investigacións Científicas Ecolóxicas ou INICE e dirixidos preferentemente a mulleres. Os talleres celebraranse do 20 ao 27 de novembro en colaboración co Concello.
Os talleres son de balde e poderán participar todas as mulleres de Fene sen límite de idade. A data de comezo dos obradoiros será o día 20 de novembro e finalizarán o 27 do mesmo mes, en quenda de mañá.
A duración dos mesmos é de 12 horas e terán lugar na aula de informática do Concello, sita na Avenida de Naturais 44, entresollado dereita.
Este programa está subvencionado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social. As interesadas en anotarse a estes talleres poden poñerse en contacto co INICE no seguinte enderezo electrónico igualdadgalicia@inice.es ou chamando ao teléfono 646 385 736.