FERROL360 | Luns 23 decembro 2019 | 17:24
Fene acaba de abrir a inscrición dun obradoiro de retrato gratuíto para mozos e mozas que impartirá o artista Ladislau da Regueira no marco da programación cultural de Nadal. Celebrarase o venres 27 de decembro na sala de exposición da Casa da Cultura, de 11:00 a 13:00 horas, e está dirixido a nenos e nenas de entre 9 e 13 anos.
A participación é gratuíta, pero as prazas están limitadas a 14, polo que a
concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, informou que o Concello abríu o prazo
de inscrición na actividade que estará aberto ata o vindeiro luns 23 de decembro.
As familias interesadas en anotar aos menores poden facelo presencialmente no Museo do Humor, ou chamando ao teléfono 981 34 24 00, en horario de mañá.
Trátase dun obradoiro para nenas e nenos con inquedanzas expresivas no
debuxo, expresión plástica e tamén para pasar o rato e divertirse a través da arte.
O artista que impartirá o obradoiro é Ladislau da Regueira, unha persoa moi coñecida en Fene tanto pola súa obra como pola súa labor de mestre.
Actualmente, xunto ao pintor Juan Sobrino e a fotógrafa Malena Carballo, participa coas súas esculturas da mostra «Sinerxia 1+1=3», que pode visitarse na Casa da Cultura de Fene.
Debate sobre el post