
O Concello de Fene trae un ano máis o programa de conciliación da vida laboral e familiar «Verán máis alá», destinado para o alumnado escolarizado en Educación Infantil e Primaria e nados entre os anos 2007 e 2015. Nesta ocasión serán 240 prazas dispoñibles en dúas quendas, 120 a primeira quincena de xullo e 120 a segunda. O prazo de inscrición comeza o vindeiro xoves 13 de xuño.
Celebrarase do 1 ao 31 de xullo no CEIP de Centieiras en horario de 08:00 a 14:30 horas. As actividades comezarán co «Bo día» que permite a incorporación dos nenos e nenas en calquer momento entre ás 08:00 e ás 10:00 horas. A partir de entón arrancará «Máis Alá!» que rematará cunha hora de saída entre as 14:00 e as 14:30 horas.
A temática central desta iniciativa versará sobre «Crónica de nós!», un exercizo de memoria histórica local que recupera diferentes aspectos do que foi a vida social do Concello.
Ademais, o programa propón un amplo abano de actividades artísticas utilizando diferentes materiais que maximicen o potencial creativo dos pequenos facendo que sexan artistas por un momento. Actividades formativas que apoien o currículo formal escolar, sen perder de vista o contexto lúdico e educativo no que se desenvolven: contafábulas, contos e xogos en inglés e ciencia divertida.
Os veciños de Fene interesados na inscrición poderán formalizala os días 13 de xuño en horario de 08:00 a 09:00 horas, así como o vernes 14 de xuño de xuño, entre as 08:00 e as 14:00 horas, no departamento de Cultura e Deportes sito na Avenida Naturais 44.
Se hai prazas vacantes poderán participar nenos doutros concellos e poderán inscribirse o día 17 de xuño de 08:00 a 14:30 horas. No caso de quedar vacantes se anunciarán na seguinte web. O mércores 19 de xuño de xuño publicarase a listaxe dos participantes no programa.
As cuotas a abonar son de 68,15 euros o primeiro membro da unidade familiar e de 36,70 euros a partir do segundo. Haberá redución do 50 por cento e incluso do 100 por cento en función da capacidade económica.
Tamén hai a posibilidade de participar nunha das quincenas, pola que se abonará a metade da cuota establecida. As bases da convocatoria poden consultarse na web municipal dispoñible neste enlace.