FERROL360 | Venres 13 maio 2016 | 17:28
Un total de 22 establecementos de hostalería de Fene participan no IX Concurso de Tapas, que arracan este venres e prolongarase ata o vindeiro 5 de xuño. O certame desenvolverase os venres, sábados e domingos, en horario de 20:00 a 22:00 horas e durante a fin de semana tamén na queda de mañá, de 13:00 a 15:00 horas.
A Concellería de Promoción Económica e Turismo, que organiza a cita, ofrece aos locais a posibilidade de participar na categoría de tradicional ou de tapa creativa. Serán os clientes os que xulguen a calidade das ofertas gastronómicas das dúas categorías, que contarán con tres trofeos cada unha.
Para poder exercer de xurado hai que completar a Fenerruta dos 22 locais participantes e as tarxetas cumprimentadas polos clientes nos establecementos entrarán no sorteo de dez premios, que consisten en cinco ceas para dúas persoas e cinco estuches de viños.
En canto ao concurso, o primeiro premio será unha estancia de dúas noites para dúas persoas nun spa-balneario a elexir en toda España, con almorzos e tratamentos. O segundo premio será unha estancia de unha noite, para dúas persoas, nun spa-balneario a elexir en toda España, con almorzo e cea.
Ademais, nos días de concurso una charanga musical amenizará os establecementos concursantes.