FERROL360 | Venres 26 decembro 2014 | 15:13
A Mostra de Actividades Xuvenís ExpressArte clausura este sábado os talleres do programa municipal Espazo Novo. Un programa dirixido a mozos a partires de once anos que, nos últimos meses, ofreceu obradoiros de grafiti e cultura urbana, fotografía creativa, danza ou artes escénicas.
Os rapaces amosarán algo do aprendido e farano este sábado na praza do Concello, a partires das 17:00 horas. Así, está programada unha exposición fotográfica, unha exhibición de artes escénicas e danza e unha mostra de grafiti. Desde o Concello animan aos veciños a achegarse a este espazo e desfrutar dos traballos da mocidade participante.
Os obxectivos do programa foron ofrecer aos mozos ferramentas para expresarse e participar socialmente dacordo cos seus gustos e inquedanzas; favorecer a creación, a imaxinación e posibilitar un proxecto común e fomentar debates sobre temas do seu interese a través das redes sociais dun xeito crítico e reflexivo, entre outros.
Debate sobre el post